http://centromedra.gal/media/img/1.jpg

07

Feb

2017

Un intenso camiño de 10 anos

O pasado 21 de xaneiro celebramos un día moi especial para AtalaiA.social. Hai xa 10 anos que iniciamos esta andaina profesional e actualmente seguimos a traballar nun proxecto máis maduro e consolidado.

Esta evolución trouxo a redefinición do proxecto inicial e do que nos somos. Tras moito tempo de reflexión, aprendizaxe, intercambio, esforzos e ilusión demos un xiro e cremos un novo espazo físico no que construir os nosos programas e acoller a todas as persoas que desexen ser parte da nosa rede.

“Centro Medra, desenvolvemento social e persoal” é un proxecto que acolle a esencia de AtalaiA e as novas liñas de intervención que estamos a desenvolver dende hai un tempo.

Na festa estivemos arroupadas por amigas e compañeiras, por familia e profesionais que aportaron de diversas maneiras ao mundo AtalaiA. Esta linda xornada foi moi intensa con palabras, música, petiscos e unha maravillosa torta con historia.

Sentímonos moi agradecidas pola compaña, polo recoñecemento e sobre todo polas mostras de amor recibidas. Temos máis forza para seguir!!

Grazas!!

Galería

Compartir