http://centromedra.gal/media/img/MEDRANDO_XUNTAS_FINAL.jpg

26

Xul

2017

MEDRANDO XUNTAS

En outubro do ano pasado  puxemos en marcha unha actividade dirixida a mulleres baixo o nome de: Medrando Xuntas.  A idea foi crear un espazo onde, dúas veces ao mes,  as mulleres puideramos compartir e medrar a través de tomar máis conciencia sobre nós mesmas e sobre as nosas vidas.


Ao longo destes meses traballamos sobre a nosa propia identidade; as limitacións que nos impoñen os roles de xénero; o equilibrio entre dar e recibir; a nosa historia vital; o bo trato; as emocións; a conexión co noso propio corpo e outros moitos temas froito do compartir de cada momento. Puxemos en práctica estratexias para ser máis conscientes do momento presente; para relaxarnos; para recuperar o pracer do tacto e da afectividade. Reflexionamos, falamos, danzamos, rimos, choramos, compartimos miradas e apertas. En definitiva, adquirimos novas ferramentas para mellorar a nosa autoestima e benestar emocional.


Foron meses onde aprendemos a ver un pouco máis aló, cunha mirada máis cómplice, sen xulgarnos nin cuestionarnos, unicamente estando e sendo conscientes, porque unha vez que tomamos consciencia podemos mudar o que non nos gusta.


Tamén propuxemos accións de autocoidado, moitas veces esquecido por estar demasiado ocupadas en coidar ás demais. Non sempre se puideron levar a cabo pero o único feito de intentalo e saber que é o noso dereito xa foi algo grande.


Este mes pechamos a actividade pero estamos seguras que estas mulleres vanse un pouco máis empoderadas, sabendo que contan cunha rede de apoio que antes non tiñan, sabendo que existe a SORORIDADE. E nós quedamos cun inmenso sentir de agradecemento por poder aprender con elas, por descubrir o potencial de sanación que poden chegar a ter as relacións humanas de bo trato nas que o apoio, a afectividade, o amor, o non xuízo e o respecto profundo nos fai sentir importantes, queridas, e nos da impulso para crecer. Aquí reside a importancia destes espazos: na relación que se establece entre as persoas que participan.


Deixámosvos o relato que unha das compañeiras agasallou ao grupo sobre o que para ela supuxo este espazo:


“Porque durante este tiempo, son muchas las cosas que he aprendido CON, y DE vosotras. ¿Sabéis?
-    Ya no camino mirando hacia el suelo
-    Cada día intento valorarme más
-    Aunque a veces me cueste, intento vivir el momento, el aquí y ahora, sin pensar demasiado en lo que podrá pasar en el futuro
-    Creo que sonrío y disfruto más
-    Ahora soy capaz de calmarme y pensar, antes de enfadarme
-    Me ensañasteis que por muy adversas que sean las circunstancias, si se quiere, se puede!!
-    Que la frase de “yo soy así y a estas alturas no voy a poder cambiar” ya no me sirve
-    Que quien lucha, consigue!!
-    Que te puede reconfortar más el abrazo y el aliento de personas que conoces desde hace un mes que el de otras que conoces desde hace años
-    Que no importa lo diferentes que seamos, porque… todo suma!!! Asique… sigamos MEDRANDO XUNTAS!!!”


Grazas a vós nós tamén MEDRAMOS.

Compartir