Atalaia Social: Proxectos de bo trato

A esencia de AtalaiA.social é o desenvolvemento de proxectos socioeducativos, sobre todo, nos tempos e espazos que acompañan a dinámica escolar (anpas, profesorado, alumnado), no ámbito familiar e na relación destes dous contextos.

Terapia sistémica

O noso modelo de traballo encádrase no enfoque sistémico, é dicir, a énfase está nos procesos de comunicación e na dinámica interpersoal, enfocando a intervención a unha modificación do patrón, na busca de comprender á persoa no seu contexto de referencia.

Crecemento persoal

En Centro Medra estamos a desenvolver actividades pensadas para o propio benestar e coidado mutuo, construíndo momentos especiais de intercambio e experimentación, na procura dun autocoñecemento que nos empodere e capacite para vivir con plenitude.

Tempos de aprendizaxe

Cos nosos cursos e obradoiros queremos ofrecer a posibilidade de profundizar nas reflexións e na aprendizaxe vivencial. 

Compartir