A esencia de AtalaiA.social é o desenvolvemento de proxectos socioeducativos, sobre todo, nos tempos e espazos que acompañan a dinámica escolar (anpas, profesorado, alumnado), no ámbito familiar e na relación destes dous contextos.

Enfocamos os nosos proxectos dun xeito integral, na procura de construír un mapa educativo no que activar as potencialidades e recursos dos propios centros e persoas, dende o respecto e a confianza colectiva.

Convivencia


Entendemos os conflitos como elemento natural da convivencia entre persoas. A realidade escolar debe proporcioar un espazo seguro, con relacións asertivas dende as que aprender estratexias para o autocontrol emocional e a resolución pacífica dos conflitos. O diálogo, a reflexión e o autocoñecemento son os elementos claves para a construción de ambientes positivos e respectuosos.

  • Programas de mediación escolar
  • Obradoiros de convivencia e prevención do maltrato
  • Programa de prevención socioeducativa nos centros (titorías)
  • Programa de intervención en casos de dificultade...

Educación emocional


Estes proxectos procuran potenciar as competencias emocionais como elemento esencial do desenvolvemento humano, co obxecto de capacitar para a vida e aumentar o benestar persoal e social. Enfocamos a relación coas emocións dende a conexión destas co corpo e a mente, desenvolvendo a consciencia corporal e emocional para o recoñecemento das propias sensacións e necesidades.

As principais técnicas empregadas son a música, a expresión corporal, a dramatización, dinámicas cooperativas, ioga, técnicas de relaxación creativa, respiracións, estimulación sensitiva, visualizacións activas, modelado, etc.

  • Programa Emociona (alumnado/ profesorado de educación infantil e primaria).
  • Programa Sentírmonos (alumnado/ profesorado de educación secundaria).
  • “Explorando as emocións”: talleres vivenciais en familia...

Igualdade


A nosa intervención céntrase en cuestionar a socialización de xénero como condicionante para o acceso ás oportunidades e o desenvolvemento pleno, desmontando os estereotipos instalados en todos os contextos nos que as persoas se desenvolven.

O obxectivo é construír espazos de reflexión que permitan visibilizar os mecanismos que inflúen na normalización das desigualdades e das múltiples violencias, así como o papel de cada persoa nas decisións da súa vida.

  • Vestido de Voda: Teatroforo contra as violencias machistas.
  • “Somos e estamos”: talleres vivenciais de promoción das relacións igualitarias.
  • “Dálle a volta”, programa integral de centro.
  • Obradoiros puntuais (Semana da muller nas escolas, sesións de aula...).
Compartir